Contador de visitas
www.flickr.com
Búsqueda personalizada

CASA CONSISTORIAL DE ZAS



Está situado na zona central da Costa da Morte e linda cos municipios de Cabana de Bergantiños ao norte; Coristanco e Santa Comba ao leste; Mazaricos ao sur e Vimianzo e Laxe ao oeste.

É un territorio de forma moi alongada na dirección norte-sur, onde destaca a altura do Pico de Meda.
Conta cun total de 16 parroquias, as do norte situadas ao longo do río Grande, e as do sur, situadas ao lado do Xallas.
Conta con tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas e Brandomil.
Este concello ten unha notable riqueza megalítica tanto pola abundancia das súas mámoas e antas coma pola importancia dalgunha delas. Tumbas feitas con pedras xigantescas polos nosos antepasados hai 5000 anos. A anta máis coñecida é a Arca da Piosa, en Muíño, en bo estado de conservación e ben estudada.
Polo que respecta á cultura dos castros destaca o recinto de Santo Adrián de Castro, que presenta as formas típicas dun castro no cume dun outeiro.
Así mesmo, a romanización foi tardía, pero bastante intensa. Brandomil, no extremo meridional do municipio foi sen dúbida o asentamento romano máis importante: no curso do Xallas existe un castro romanizado, unha ponte medieval e restos dunha antiga calzada. No Corpus de inscricións romanas de Galicia, Brandomil ocupa un lugar destacado, pois no seu chan atopáronse pedras con letras gravadas. Para os especialistas, os testemuños epigráficos de Brandomil fan supoñer a existencia dun núcleo de poboación procedente de fóra da "Gallaecia" romana. Todas as inscricións son posteriores ao século II despois de Cristo.
Neste municipio hai abundantes nomes xermánicos e tense dito que a propia capital debera grafarse "Sas", posto que o nome ten a súa orixe na forma "Salas", procedente do xermánico "sal". A forma actual sería, pois, unha ultracorreción do seseo. Os asentamentos xermánicos foron particularmente importantes na zona, deixando a súa marca en nomes de lugar tan evocadores como Gomariz, Gontalde ou Vilar Ramilo.
O principal monumento da época medieval é, sen dúbida, a magnífica ponte de Brandomil, seguramente construída sobre bases romanas.
Imformacion extraida de: concellodezas.org

CASTELLANO

Está situado en la zona central de la Costa da Morte y linda con los municipios de Cabana de Bergantiños al norte; Coristanco y Santa Comba al este; Mazaricanos al sur y Vimianzo y Laxe al oeste.

ES un territorio de forma muy alongada en la dirección norte-sur, donde destaca la altura del Pico de Meda.
Cuenta con un total de 16 parroquias, las del norte situadas al largo del río Grande, y las del sur, situadas del lado del Xallas.
Cuenta con tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas y Brandomil.
Este ayuntamiento tiene una notable riqueza megalítica tanto por la abundancia de sus mámoas y antas como por la importancia de alguna de ellas. Tumbas hechas con piedras gigantescas los pones nuestros antepasados hay 5000 años. La anta más conocida es el arca de la Piosa, en Molino, en bueno estado de conservación y bien estudiada.
Por lo que respeta a la cultura de los castros destaca el recinto de Santo Adrián de Castro, que presenta las formas típicas de un castro en la cumbre de una colina.
Asimismo, la romanización fue tardía, pero bastante intensa. Brandomil, en el extremo meridional del municipio fue sin duda el asentamiento romano más importante: en el curso del Xallas existe un castro romanizado, un puente medieval y restos de una antigua calzada. En el Corpus de inscripciones romanas de Galicia, Brandomil ocupa un lugar destacado, pues en su suelo se encontraron piedras con letras grabadas. Para los especialistas, los testimonios epigráficos de Brandomil fan suponer la existencia de un núcleo de población procedente de fuera de la "Gallaecia" romana. Todas las inscripciones son posteriores al siglo II después de Cristo.
En este municipio hay abundantes nombres xermánicos y tense dicho que la propia capital había debido grafarse "Sanas", puesto que el nombre tiene su origen en la forma "Salas", procedente del xermánico "sal". La forma actual sería, pues, una ultracorreción del seseo. Los asentamientos xermánicos fueron particularmente importantes en la zona, dejando su marca en nombres de lugar tan evocadores como Gomariz, Gontalde o Vilar Ramilo.
El principal monumento de la época medieval es, sin duda, la magnífica ponte de Brandomil, seguramente construida sobre bases romanas.

Informacion extraida de la pagina del ayuntamiento de Zas

No hay comentarios: